XV XORNADAS DE XENEALOXÍA, HERÁLDICA Y NOBILIARIA DE GALICIA.
A Deputación de Pontevedra inicia hoxe na Escola de Canteiros as XV Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia. Impartirán relatorios Luis Valero de Bernabé, Manuel Pardo de Vera, María Jesús Fortes Alén, José Luis Ageitos, Paloma Rey Fernández-Latorre e Carlos Acuña Rubio.
A Deputación de Pontevedra organiza os días 1, 2 e 3 de outubro as XV Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, que terán lugar na Escola de Canteiros de Pontevedra.
A xornada do mércores incluirá dous relatorios sobre O Marquesado de Casa Real: un título de Galicia en Indias, a cargo de Luis Valero de Bernabé y Martín de Eugenio, director do Colegio Heráldico de España y de las Indias, e sobre A fidalguía na sociedade estamental e na actualidade, a cargo de Manuel Pardo de Vera y Díaz, vicepresidente da Real Asociación de Hidalgos de España.
O xoves María Jesús Fortes Alén e José Luis Ageitos Míguez disertarán sobre A heráldica no Museo de Pontevedra. Pezas e documentos, e Paloma Rey Fernández-Latorre, marquesa viúva de Aranda e viúva da Casa de Rubianes, grande de España, falará sobre O pazo de Rubiáns: o Señorío da Casa de Rubianes na actualidade.
O venres o presidente da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Carlos Acuña Rubio, ofrecerá un relatorio sobre A Casa de Caamaño: Historia dunha investigación.
Os actos das xornadas, que incluirán a lectura de diversas comunicacións, terán lugar na Escola de Canteiros a partir das 17:00 h. A clausura será o venres, ás 19:00 h, coa entrega de diplomas.
http://www.depo.es/
info@docelinajes.org